Base de datos de peregrinos medievais (BADAPEM)

Peregrinos a Compostela con nomes e apelidos entre os séculos IX e XV.

A presenza constante de peregrinos en Compostela, desde a época de Alfonso II no século IX e mantida ao longo de toda a Idade Media, ten nucleado, alimentado, fortalecido e permitido o desenvolvemento do feito xacobeo, materializado no itinerario cultural que coñecemos como Camiño de Santiago. Certo é que a dificultade na lectura e achado das fontes, o seu tratamento e a dispersión non permitiron ata o de agora contar con estudos ou proxectos que permitan ofrecer un panorama claro achega do feito peregrinatorio no numérico e no persoal: en casos concretos con nomes e apelidos. Este portal e base de datos colaborativa tenta axudar a poñer fin a este baleiro: a base de datos de peregrinos medievais ( BaDaPem). Un proxecto desenvolto polo Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago con financiamento e colaboración da Xunta de Galicia a través do programa O Teu Xacobeo.

Accede, consulta ou remite unha nova entrada. BaDaPem non busca simplemente ofrecer, senón permitir que cada un ofreza e incorpore as referencias, sobre base documental ou bibliográfica, que coñeza, construíndo entre todos unha gran base de información contrastada no amplo devir dos séculos IX- XV.

CONSULTA

http://catedraldesantiago.es/badapem/

Fonte: Catedral de Santiago

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *