Exposición “O Camiño de Santiago. Tomohiro Muda. Unha visión desde Oriente”

Tomohiro Muda é un fotógrafo xaponés que peregrinou dúas veces a Santiago de Compostela fotografando o Camiño e ofrecendo así a súa propia visión do mesmo. Muda declárase amante do románico francés e sobre todo do español, de Santiago de Compostela e da peregrinación xacobea.

Nace en 1956 na Prefectura de Nara, en Xapón, e en 1988 presenta a súa primeira exposición A Terra de Sherpa con fotografías que tomou na localidade de Serpa, no Himalaya.

Máis tarde viaxou por todo o mundo tomando imaxes de arte xaponesa, románica e bizantina, así como tamén de ruínas budistas e pintura rupestre chinesa, o Borobudur, Angkor e Ajanta. Estas reuníronse baixo o tema Espazos de oración, formas de oración en exposicións fotográficas e publicacións.

Lugar: Palau del Intendente Pineda
Dirección: Plaza del Carmen, 4. Valencia

Datas: do 9 de febreiro ao 27 de febreiro de 2017
Horario de visitas: todos os días de 08:00 a 17:00 horas. Xoves: de 08:00 a 20:30 horas

Organiza: S.A de Xestión do Plan Xacobeo. Turismo de Galicia
Colaboran: Asociación de Amigos del Camino de Santiago Comunidad  Valenciana e Generalitat Valenciana.

+info

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *