II Concurso de Contos Infantís sobre o Camiño de Santiago

A Asociación “Amigos del Camino de Santiago en Ávila”, no seu afán por promover e revitalizar o Camiño de Santiago e en particular o denominado “Camiño do Sueste ou de Levante”, convocou o II CONCURSO DE CONTOS INFANTÍS SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO, a través do cal se pretende fomentar o interese pola ruta xacobea entre os máis pequenos e presentarlles, á vez, os valores que leva intrínsecos de amizade, compañeirismo, axuda e esforzo.

BASES:

1) Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos, calquera que sexa a súa nacionalidade, cun conto cuxa temática reflicta os valores que leva implícitos o Camiño de Santiago, é dicir, espiritualidade, fraternidade, solidariedade, hospitalidade, coñecemento, respecto e liberdade.

2) Os traballos presentaranse en castelán, han ser orixinais e non poderán haber sido premiados noutros concursos. A extensión máxima é de 3 follas DINA4.

3) Os concursantes presentarán, nun sobre único, tres copias do conto escritas á máquina ou computador, en corpo 12, a dobre espazo, por unha soa cara, en papel tamaño A4 e sen a firma ou nome do autor. Os traballos deberán levar en cada páxina o título do conto e o pseudónimo que o autor decida utilizar. Dentro do primeiro irá un segundo sobre (plica), pechado, contendo os datos especificados no punto 4. No exterior deste segundo sobre (plica) só constarán o título do conto presentado e o pseudónimo. Non se admitirán envíos por distintos medios que o do correo postal.

4) Dentro da plica incluirase, obrigatoriamente, o seguinte:

Datos do autor (nome e apelidos, idade, número do documento de identidade, enderezo, teléfono, correo electrónico).

Declaración asinada de que a obra é inédita, non foi premiada noutro concurso e os seus dereitos non lle foron cedidos a ningún editor no mundo.

Autorización asinada na que se lle permita á Asociación Amigos del Camino en Ávila publicar o conto, no caso de que así o decida, en calquera soporte dixital ou impreso (sempre se fará indicando a súa autoría).

5) O enderezo ao que enviar as obras é o seguinte:

Asociación Amigos del Camino de Santiago en Ávila
“II Concurso de Cuentos Infantiles sobre el Camino de Santiago”
Rúa Gabriel y Galán, 5, 2º dereita
05001 ÁVILA

6) A presente convocatoria estará vixente desde o momento da súa publicación ata o 15 de xuño de 2018. Admitiranse obras con data do cuño postal igual ou anterior á data de peche. Despois da data de peche non se aceptará ningún traballo.

7) O xurado será nomeado pola entidade convocante e estará composto por persoas vinculadas co mundo das letras e a cultura.

8) O veredicto do xurado farase público o día 30 de xuño de 2018, será inapelable e darase a coñecer mediante comunicación personalizada e prensa. A entrega de premios celebrarase o día 21 de xullo de 2018 (sábado máis próximo á festividade de Santiago Apóstolo), en acto público.

9) O premio poderá quedar deserto.

10) Establécense os seguintes premios:

Primeiro premio dotado con: 250 €
Segundo premio dotado con: 150 €
Terceiro premio dotado con: 100 €

11) Cada autor renuncia expresamente a calquera tipo de dereito patrimonial que se derive da difusión do seu traballo por parte da Asociación.

12) Non se manterá correspondencia acerca dos orixinais presentados e estes non serán devoltos; os non seleccionados serán destruídos unha vez decididos os premios.

13) O feito de presentar traballos neste concurso supón a total conformidade dos autores coas súas bases. A interpretación destas, ou de calquera aspecto non previsto nelas, corresponderalle ao xurado.

14) Todo traballo que non cumpra co disposto nestas bases quedará excluído do concurso.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *