O presidente da Xunta entregoulle a credencial de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago á Súa Maxestade el Rei Don Juan Carlos

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, entregoulle a credencial de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago á Súa Maxestade El-Rei Don Juan Carlos, nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.

A Xunta de Galicia concedeulle a Don Juan Carlos o o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, a título persoal e con carácter vitalicio. En atención ao labor de divulgación, promoción e coñecemento do Camiño de Santiago e dos valores xacobeos, e ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 163/2013, do 24 de outubro, polo que se regula a concesión do título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *