Presentado o proxecto ‘El Camino de la Plata’ que une a Galicia, Andalucía, Estremadura e Castela e León

Andalucía, Estremadura, Castela e León e Galicia presentaron en Mérida o proxecto conxunto El Camino de la Plata, promovido por estas catro comunidades co obxectivo de impulsar a Vía da Prata, destacando a súa riqueza patrimonial e cultural e o seu potencial como motor de dinamización do rural, especialmente coa ollada posta no vindeiro Xacobeo 2021.

Portal referencia para os peregrinos

A web do proxecto, www.elcaminodelaplata.com, servirá como eixo da comunicación e pretende converterse na referencia dos peregrinos interesados en facer o Camiño de Santiago a través deste itinerario. Así pois, este portal exercerá como unha plataforma dinámica onde os peregrinos poderán coñecer, aprender e descubrir os segredos dos municipios que compoñen esta ruta, as historias reais dos veciños da zona, a idiosincrasia das súas xentes ou os seus tesouros ocultos.

Outro dos eixos centrais do proxecto é un plan de participación cidadá, onde uns centinelas do Camiño (prescritores, embaixadores e cidadáns), difundirán os valores desta ruta.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *