XI Congeso Internacional de Estudos Xacobeos

XI Congreso Internacional de Estudos Xacobeos: Berenguel de Landoria 🗓 🗺

O Congreso Internacional de Estudos Xacobeos é un dos principais encontros científicos da cultura xacobea que promove o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e que conta coa organización e patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo.

Este congreso vense celebrando desde o ano 1993 e, nesta ocasión, que será a undécima, estará dedicado á importante figura do arcebispo compostelán Berenguel de Landoria. Do que no 2018 cumpríronse 700 anos da súa chegada a Santiago de Compostela.

O XI Internacional de Estudos Xacobeos contará coa dirección científica de Adeline Rucquoi, membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e doutora en historia pola Universidade da Sorbona (Paris IV) e Directora de Investigación emérita no C.N.R.S. (Centro Nacional de Investigacións Científicas, Francia).

Nesta edición o congreso contará con vinte relatores que son investigadores de primeiro nivel, formado por veteranos representantes de institucións, cátedras e centros de estudo, aos que se unirán outros especialistas máis novos e con gran proxección, que tamén presentarán valiosas reflexións e achegas sobre aspectos significativos sobre a figura do arcebispo Berenguel de Landoria, a Sede compostelá, a Orde dos predicadores, a arte e a cultura xacobea.

Data: 19, 20, 21 e 22 de febreiro de 2020

Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago

Dirección: praza das Praterías. Santiago de Compostela

Organiza: Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e Consellería de Cultura e Turismo

Colabora: Museo das Peregrinacións e de Santiago

Secretaría técnica: Área de Cultura Xacobea. S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

Información: cultura.xacobea@xacobeo.org

Prazo de inscrición: do 8 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2020

Formulario online de inscrición: https://forms.gle/VcRnNCjDv9vVpav36

PROGRAMA

from to
Scheduled
Praza de Praterías, Santiago de Compostela Map

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *