XII Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas 🗓 🗺

Os próximos días 23 ao 25 de outubro de 2020 a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago vai celebrar o XII Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas en Santiago de Compostela, organizado pola Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, e patrocinado pola Xunta de Galicia.

Desde 1987 en que se celebrou o I Congreso Internacional de Jaca impulsado por Elías Valiña estes Congresos, que se celebran cada tres anos, foron a columna vertebral da historia recente do Camiño de Santiago. En todos eles marcáronse obxectivos e tomado o pulso das necesidades, problemas e logros que foron aparecendo na vertixinosa vida xacobea deste últimos trinta e tres anos.

Co lema “Camiños de Santiago, Camiños de Europa” e subtítulo “Unha mirada ao Ano Santo e Xacobeo 2021” a Federación quere poñer de manifesto o cambio substancial que se produciu nestes anos no movemento xacobeo.

Máis de trescentas asociacións repartidas por todo o mundo, 250 Camiños de Santiago, con máis de 80.000 km sinalizados e documentados como Itinerario Cultural Europeo, e varios deles declarados Patrimonio Mundial da Humanidade. Lugares de acollida ata nos recunchos máis remotos de Europa, e do mundo, cursos de Hospitaleros Voluntarios por todos os continentes.

Data: 23-25 de outubro de 2020

Lugar: Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela

Promove: Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago

Organiza: Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid

Patrocina: Consellería de Cultura e Turismo, Xunta de Galicia

Máis información

XII Congreso de Asociacións Xacobeas

from to
Scheduled ical Google outlook
Auditorio de Galicia Map

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *