Xornadas Xacobeas 2018 (Mallorca)

A Asociación Amics del Camí de Santiago a Mallorca organiza unhas xornadas xacobeas para os próximos días 19, 20 e 21 de Abril que se celebrarán na cidade de Palma. Nesta ocasión as xornadas revisten un carácter festivo por celebrarse o 25º aniversario da propia asociación. Todas estas actividades son promovidas polo sacerdote Jaume Alemany, activo integrante de Acollida Cristiá nos Camiños que traballa tamén organizando peregrinacións polo camiño de Santiago orientadas a reclusos.

Máis info: camisantiagomallorca@gmail.com | https:// camisantiagomallorca. blogspot. com.es

PROGRAMA

19 de abril de 2018 (xoves).- CASAL CARISA – Son Sardina (Mallorca)
CAMNO DE SANTIAGO – MALLORCA: XXV ANOS.
Orixe, presente e futuro. Jaume Alemany.

Conferencia do MI Deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez López.
Os camiños de Santiago: Novo atrio dos gentiles.

Memoria agradecida aos iniciadores e aos que xa non se atopan entre nós. Oración dirixida polo Sr. Bispo Sebastià Taltavull Anglada.

20 de abril de 2018 (venres).- PARRÒQUIA MARE DE DÉU DE MONTSERRAT (Palma)
Ás 19,30 h.: Camiño de Santiago, Camiño de peregrinación. Jaume Alemany
Panel de experiemcoas do Camiño.
Celebración de acción de grazas e memoria dos defuntos.

21 de abril de 2018 (sábado).- Excursión a LLUC: Ás 13,00 h.: Ofreda á Virxe de Lluc da Parroquia Mare de Déu de Montserrat e do Camiño de Santiago – Mallorca.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *