PALABRASound-CAMINO

PALABRASound Camino é unha iniciativa cuxo obxectivo é achegarse aos mozos de entre 15 e 25 anos que habitan nas localidades que forman parte do Camiño de Santiago. O proxecto busca unha maior implicación dos mozos que viven nesta contorna e participan das dinámicas culturais e artísticas, pero tamén sociais e económicas, da Ruta Xacobea.

Mediante a palabra, en forma de relato, narración, poesía, letra de rap, spoken word etc., e a música, expresada a través de ritmos de rap ou outros estilos contemporáneos, sons tradicionais e folclore, paisaxes sonoras e a experimentación baseada na fusión de estilos ou sons, elementos vertebradores do proxecto, os mozos poden expresar as súas emocións e desenvolver a súa creatividade.

O proxecto estrutúrase en distintas fases. A primeira delas, Quentando Motores, consiste en realizar un relato colectivo mediante varios talleres que xeran un arquivo sonoro co que se crea unha canción conxunta. Na segunda fase os mozos participan nun corcurso coa súa propia composición musical.

Quentando Motores

Primeira fase de PALABRASound Camino baseada nunha serie de actividades itinerantes e interactivas cuxo obxectivo é dar a coñecer o proxecto entre os mozos e implicarlles de maneira gradual en todo o proxecto.

As accións, que buscan xerar un espazo de creación e práctica sonora xunto aos mozos, desenvólvense en distintas localidades:

  • Las Regueras (Asturias) 13 maio – 14 maio
  • Mondoñedo (Galicia) 16 maio – 17 maio
  • Viana (Navarra) 19 maio – 20 maio
  • Castiello de Jaca (Aragón) 26 maio – 27 maio

As actividades levan a cabo polo colectivo Mozo-Trópico e o seu dispositivo móbil, LA COSA, unha caravana-estudo equipada con todo tipo de instrumentos musicais acústicos e electrónicos.

Organiza: Consejo Jacobeo

Máis información

PALABRASound-CAMINO_cartel

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *