Santiago recibe ao peregrino 200.000 nun ano récord para o Camiño

Peregrino 200.000
Peregrino 200.000
Peregrino 200.000

O peregrino número 200.000 deste ano 2016 selou a súa Compostela no día de hoxe na Oficina do Peregrino de Santiago.

Trátase dunha peregrina portuguesa procedente da cidade de Fátima que realizaou en grupo, xunto a familiares e veciños, o Camiño Primitivo dende Lugo.

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, recibiron a este peregrino tras a súa participación na Misa do Peregrino e lle obsequiaron cun diploma e uns regalos conmemorativos.

Ano récord para o Camiño de Santiago

O 2016 está a ser un año récord para o Camiño de Santiago. No que vai de ano selaron xa a súa Compostela un 4% máis que no mesmo período do pasado ano.

Así mesmo, continúa a internacionalización da Ruta Xacobea ao representar xa os peregrinos estranxeiros máis do 52% do total.

Respecto ao Camiño Primitivo, a Ruta Xacobea elixida pola peregrina número 200.000, está a experimentar tamén un gran incremento neste ano. No que vai deste 2016 escolleron esta ruta un total de 8.925 peregrinos, o que supón un crecemento do 4,7% en relación ao 2015, sendo a cuarta Ruta Xacobea máis transitada.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *