Convocatoria de Hospitaleiros Voluntarios na Rede Pública de Albergues da Xunta de Galicia

A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo é unha sociedade pública autonómica con capital social integramente de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia. Constitúen o seu obxecto social entre outros, a realización de actividades dirixidas á xestión dos servizos comúns da rede publica galega de albergues de peregrinos e máis as relacións coas asociación de amigos do Camiño de Santiago.

O Camiño de Santiago é un fenómeno de peregrinación que dende hai séculos e ata o día de hoxe acolle a peregrinos de diversas nacionalidades que procuran a tumba do apóstolo Santiago na Catedral compostelá.
Na actualidade numerosas entidades promoven o exercicio da hospitalidade tradicional, entendida como un servizo voluntario e desinteresado, sen ánimo de lucro, para acollida fraternal aos peregrinos xacobeos en numerosos albergues espallados por todos os camiños xacobeos. Moitos destes albergues están atendidos por hospitaleiros voluntarios.

As presentes bases para a selección de hospitaleiros voluntarios na rede publica galega de albergues de peregrinos teñen por finalidade a mellora da atención e da acollida aos peregrinos que percorren o Camiño de Santiago en Galicia, moi especialmente aos peregrinos estranxeiros, que son xa maioritarios no conxunto das rutas xacobeas.

As bases establecen os requisitos e destinatarios dos procesos que deben permitir que unha parte dos albergues da rede pública poda contar coa presenza de hospitaleiros voluntarios que colaboren na acollida e hospitalidade aos peregrinos. As Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago xogan neste senso un papel fundamental, dado que son propoñentes dos hospitaleiros. Estes deben acreditar que teñen recibido formación especifica por parte da súa asociación como hospitaleiro voluntario e que desenvolverán a súa actividade, voluntaria e non remunerada, nun dos albergues de peregrinos da rede publica galega de albergues de peregrinos por un período máximo de quince días, adaptándose as normas de funcionamento do albergue que seguirá contando co correspondente albergueiro.

BASES

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.