Exposición “Jesús Madriñán. I Am Light”

Comisario/a: Santiago Olmo

Artista: Jesús Madriñán

Jesús Madriñán (Santiago de Compostela, 1984) é unha das miradas fotográficas máis incisivas do panorama actual. A súa obra centrouse fundamentalmente nunha reinterpretación do retrato entendido como un elo intermedio entre o xénero psicolóxico e o arquivo de tipoloxías. As súas diversas series abordaron aspectos da noite festeira en grandes cidades europeas (Good Night London, 2011, ou Dopo Roma, 2016) ou no medio rural (Boas noites, 2013). A súa maneira de traballar é moi minuciosa e precisa, utiliza a cámara de gran formato e a película analóxica, o que fai máis complexo un traballo que se asocia á rapidez da reportaxe.

Este proxecto, froito da colaboración entre Xacobeo e CGAC, formúlase como unha renovación e actualización da mirada sobre a realidade do Camiño de Santiago e os seus peregrinos.

“Como compostelán, o Camiño de Santiago estivo sempre estreitamente ligado a min. Desde que nacín, fun consciente dese ir e vir de persoas chegadas de todas partes do mundo que foron moldeando o que hoxe en día é Santiago, e esa ruta vertebradora de historias e culturas que é o Camiño. Esta realidade que me rodea, entendida como parte esencial do tecido social e cultural do lugar no que vivo, é o eixe deste novo proxecto, un proxecto que toma o Camiño como campo de acción onde crear unha colección de fotografías que capte a esencia dunha época, dun momento no tempo.

A modo de diario, o proxecto xorde da miña propia experiencia como un peregrino máis, capturando identidades a medida que estas vaian formando parte dos meus días camiñando. A través delas pretendo rexistrar a diversidade e a tolerancia presentes na actualidade e, por extensión, tamén no Camiño, testemuña de novas xeracións florecentes e renovadoras que, a pesar de todo, deciden emprender esta secular viaxe desde o respecto, a espiritualidade, e o progreso”.

Lugar: Centro Galego de Arte Contemporánea. Santiago de Compostela

Data: Do 22 de novembro de 2019 ao 1 de marzo de 2020

Organiza: Centro Galego de Arte Comtemporánea

Colabora: Turismo de Galicia. Programación do Xacobeo 2021

Máis información

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.