A Xunta de Galicia está a restaurar o convento-igrexa de San Francisco de Betanzos

As actuacións desenvolvidas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade en San Francisco de Betanzos céntrase, fundamentalmente, na mellora do illamento do convento-igrexa. Para iso prográmase o cambio da cuberta por unha nova composta por pranchas de fibrocemento sen amianto e tella cerámica curva e o deseño dun novo trazado da rede de evacuación de pluviais; ademais da revisión do sistema de drenaxe e a análise das pezas de madeira lesionadas do soporte da cuberta, co obxecto de establecer unhas pautas de actuación rigorosas sobre o resto do sistema.

Con esta mesma finalidade de evitar a entrada de humidade no inmoble, a restauración inclúe a impermeabilización dos encontros e puntos singulares con chumbo, o repaso dos rexuntados e a colocación de novas pezas na cornixa.

A rehabilitación contempla, así mesmo, a substitución dos cristais rotos ou perdidos das vidreiras e o repaso xeral do seu selado, así como o saneamento do conxunto dos lenzos de cantaría e a limpeza da vexetación.

O convento-igrexa de San Francisco de Betanzos é un edificio histórico e un dos mellores exemplos do gótico mendicante franciscano da península, destacando na súa tipoloxía o seu papel funerario. Foi fundado en en 1385 pola orde franciscanos, e máis adiante, converteuse no panteón da súa estirpe. Este edificio está considerado como Ben de Interese Cultural a protexer.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.