A Xunta de Galicia restaurará as fachadas dos colexios de Fonseca e San Xerome

O Colexio de Fonseca é un edificio renacentista mandado construír polo arcebispo Alonso de Fonseca que conta, entre outros, coa Biblioteca Xeral da Universidade, o Salón Nobre ou o Salón de Graos; e San Xerome, construído no século XVII, pecha polo sur a praza do Obradoiro e é hoxe en día a sede do reitorado. O conxunto que conforman ambos edificios pecha o Obradoiro na parte meridional, polo que representan un dos conxuntos máis singulares da trama urbana de Santiago.

As obras de mellora nas fachadas dos colexios de Fonseca e San Xerome completarán a renovación do Obradoiro. O prazo previsto de execución é de tres meses. As obras incluirán traballos tanto nas cubertas como nos paramentos verticais e na carpintería exterior, co obxectivo de mellorar a súa integridade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *