Este proxecto consiste na creación e desenvolvemento dun xogo de escapismo ou Escape Room, unha misión cuxo contido e temática é o Camiño de Santiago e a promoción do Xacobeo 21·22.
A ambientación conta con diferentes elementos que evocan a historia do Camiño de Santiago: luz, son e atrezo aproveitando as peculiaridades dos distintos albergues, froito de interesantes restauracións arquitectónicas de cada edificio.
A temática e o contido será a mesma, pero farase unha creación a medida para cada albergue, adaptando as probas a cada espazo.
Seguirase un guión en toda a actividade, resolvendo unha misión e deixando unha pista ou proba para resolver no Escape Room Final.
Próximos Albergues:
ALBERGUE JUAN MANUEL LÓPEZ CHAVES. VIGO – CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA
Do 7 ao 18 de abril de 2022
ALBERGUE ELIGIO RIVAS QUINTAS. OURENSE – CAMIÑO MOZÁRABE OU VÍA DA PRATA
Do 22 de abril ao 1 de maio de 2022
ALBERGUE CASA FORTE DE LUSIO. SAMOS – CAMIÑO FRANCÉS
Do 6 ao 22 de maio de 2022
Dáse a posibilidade de que os participantes poidan aloxarse unha noite no albergue Casa Forte de Lusio en Samos.
Organiza: Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Enderezo electrónico para reservas e inscrición: reservaslucusescaperoom@gmail.com


