A Xunta anuncia a concesión das Medallas de Galicia a Julián Barrio, Paolo Caucci von Saucken, Begoña Valdomar, José Carro Otero e a Asociación Discamino

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se lle concede a Medalla de Galicia, na súa categoría de ouro, ao arzobispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio; ao profesor e estudoso da ruta xacobea Paolo Caucci von Saucken; á hospitaleira do albergue de peregrinos de Fisterra, Begoña Valdomar Insua; á Asociación Discamino e, a título póstumo, ao primeiro comisario do Xacobeo en 1993, José Carro Otero.

A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra que outorga anualmente a Xunta de Galicia ás persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da nosa comunidade en calquera aspecto da realidade social, cultural e económico e dignos de obter o recoñecemento do pobo galego. Nesta ocasión, todos os distinguidos están vinculados á promoción e preservación do Camiño de Santiago.

Rueda explicou que o arzobispo da Arquidiocese de Santiago de Compostela, Julián Barrio, recibe a Medalla de Galicia pola súa contribución ao coñecemento e impulso da peregrinación á Catedral de Santiago. Nado en Manganeses de la Polvorosa (Zamora) en 1946, foi reitor do Seminario Maior de Astorga, profesor de Historia Eclesiástica e Historia de España e é o arzobispo de Compostela desde 1996.

Ademáis, a Xunta tamén recoñece este ano o labor do profesor da Universidad de Perugia Paolo Caucci von Saucken, un dos estudosos sobre a ruta xacobea máis recoñecidos a nivel mundial e que foi, durante case vinte anos, presidente do Comité de Expertos del Camino de Santiago. Nado na localidade italiana de Ascoli Piceno en 1941 é autor de numerosos ensaios e libros sobre as peregrinacións e a ruta xacobea.

Outra das galardoadas este ano coa Medalla de Galicia é a peregrina e hospitaleira do albergue municipal de peregrinos de Fisterra, Begoña Valdomar Insua. Nada nesta localidade coruñesa, ademais de estar ao fronte do centro de acollida a peregrinos de Fisterra é a responsable de Hospitalidade na Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago.

A Xunta tamén distingue este ano á Asociación Discamino que recibirá esta distinción polo seu labor diario para facilitar que as persoas con discapacidade poidan peregrinar á Compostela e desfrutar da experiencia da ruta xacobea. Creada en 2009, esta entidade xurde co obxectivo de dar apoio a aquelas persoas con diversidade funcional que queiran realizar o Camiño de Santiago.

E por último, a Xunta concede este ano a título póstumo a Medalla de Galicia ao doutor e antropólogo compostelán José Carro Otero. Carro, que foi presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, estivo sempre moi vencellado ao Camiño de Santiago. Foi o primeiro comisario do Xacobeo no 1993 e era un experto de referencia sobre a Catedral de Santiago.

As Medallas de Galicia, que se entregarán o vindeiro 25 de xullo, recoñecen nesta edición a difusión do Camiño.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.