O Museo das Peregrinacións e de Santiago recupera e actualiza a obra de Sucasas sobre o fenómeno Xacobeo

O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle a exposición Alfonso Sucasas, camiño e mitoloxía, que recupera e actualiza a obra do artista lalinense sobre o fenómeno xacobeo e coa que o museo pecha a súa programación expositiva deste dobre Ano Santo.

A mostra, comisariada por Pilar Corredoira, rememora o traballo que Alfonso Sucasas realizou durante o Xacobeo 93 e dá lugar a unha ampla colección integrada por debuxos e pinturas, algunhas de gran formato como Tríptico de Adán e Eva, Pecados capitais ou Santiago Peregrino.

Expóñense óleos sobre lenzo, bosquexos, obras en papel, útiles de pintura, libros, fotografías, documentos manuscritos do artista así como pezas audiovisuais con imaxes do artista. Cóntase coa colaboración de distintas institucións como Turismo de Galicia, o Parlamento de Galicia, a Casa de Galicia en Madrid e coleccións particulares. Poderá visitarte ata o 23 de abril.

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *