Preséntase a antoloxía poética ‘O camiño das estrelas’

A Casa de Galicia acolleu a presentación do poemario O camiño das estrelas, unha antoloxía trilingüe -castelán, galego e catalán ou valenciano- que xorde para celebrar o Ano Xacobeo e convidar a realizar o Camiño de Santiago desde calquera punto de partida. O proxecto foi apoiado pola Xunta de Galicia, a través do Xacobeo 2021-2022.

Todos os poemas falan do que supón para o peregrino esta experiencia tan significativa. Cada poeta ou artista plástico tentou reflectir as súas propias vivencias dunha maneira persoal baseada na súa sensibilidade.

Respecto a as imaxes que adornan esta antoloxía, foron realizadas con esmero por diferentes deseñadores gráficos, pintores e fotógrafos, de recoñecido prestixio, utilizando técnicas ás veces mixtas moi variadas e rechamantes.

O acto estivo presentado polo poeta Antonino Nieto Rodríguez; a editora Lida López Miguel; e o presidente do Centro Galego de Valencia, Manuel Fortes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *