A Xunta restaura o mural de Urbano Lugrís ‘Translación do corpo do Apóstolo a Santiago’

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentou o mural de Urbano Lugrís Translación do corpo do Apóstolo a Santiago, obra que a Xunta de Galicia vén de restaurar e recuperar para o patrimonio público e que se exhibe xa de xeito permanente na entrada principal do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.

O mural de Lugrís narra cunha fonda carga simbólica o relato da traslatio do corpo de Santiago ao seu sepulcro en Santiago de Compostela. O artista reinterpreta este relato relixioso desde a súa poliédrica ollada, poboada dun detallado mundo onírico con influencias que van desde o surrealismo francés de Magritte á pintura metafísica italiana, representada por nomes como Chirico ou Carrá.

A obra nace como un encargo efectuado polo desaparecido Sanatorio Álvarez, de Santiago de Compostela, situado no número 7 da rúa Doutor Teixeiro, pola grande amizade que unía a Lugrís co médico vigués Manuel Álvarez. Realízase, como parte dun conxunto de varios murais, arredor do ano 1957, coincidindo coa época de maior esplendor artístico do pintor. Tras o peche do complexo sanitario compostelán, os murais que albergaba son adquiridos por diferentes coleccións públicas e privadas.

O mural Translación do corpo do Apóstolo a Santiago instalarase nun pequeno negocio hostaleiro de Compostela e é posteriormente vendido á Galería de Arte José Lorenzo, onde permaneceu desde 2005. En 2022, a Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, adquire o mural tras o certificado favorable do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia.
Traballos de restauración

A obra, dunhas dimensións de 167 por 216 centímetros e un peso de arredor de 350 quilogramos, está realizada coa técnica de pintura mural sobre parede de cemento, ladrillo e estucado, contando cun marco de ferro que serve de soporte ao conxunto. O seu traslado á Cidade da Cultura requiriu un equipo técnico especializado na manipulación de bens artísticos.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.