I Encontro de Xestores de Itinerarios Culturais do Consello de Europa en España 🗓

“Desenvolvemento local, participación cidadá e preservación do patrimonio cultural”

O Ministerio de Cultura e Turismo de Galicia organizan en Santiago, na Cidade da Cultura, durante os días 8 e 9 de marzo, o segundo encontro de xestores de Itinerarios Culturais europeos en España. Participará neste congreso para técnicos especialistas a meirande parte dos 25 itinerarios europeos representados en España. Rutas de tanta significación como a do Megalitismo, a Arte Rupestre Prehistórica, os Viquingos, os Xudeus, Carlos V e o Camiño de Santiago, entre outros. Contando con conferencias específicas e mesas redondas de traballo, o obxectivo xeral deste II Encontro é desenvolver liñas de actuación para o coidado, estudo e promoción dos itinerarios europeos en territorio español, seguindo o modelo de xestión do Camiño de Santiago, declarado polo Consello de Europa, en 1987, Primeiro Itinerario Cultural europeo. A experiencia de xestión da ruta xacobea, despois do éxito promocional do Xacobeo 21-22, será moi relevante neste encontro de técnicos, no que tamén participarán representantes da Xunta de Galicia, do Ministerio de Cultura e do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais.

Data: 8 e 9 de marzo 2023

Lugar: Sala Eisemann. Ciudad da Cultura. Santiago de Compostela

Organiza: Ministerio de Cultura y Deporte e Turismo de Galicia

from to
Scheduled Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *