XIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos. Metrópoles: Santiago e Roma. 900 anos de historia

O 23 de xuño de 1124 o papa Calisto concedeu, despois de longas discusións, a dignidade arcebispal “informatuum” a Santiago de Compostela en reverencia ao apóstolo Santiago. A nova dignidade metropolitana provocou no norte da península grandes discusións con Braga, Toledo e, en parte, Tarragona. O centro de peregrinación compostelán necesitou neste contexto o apoio papal –documéntano non só fontes clave como a Historia Compostellana, senón tamén o Liber Sancti Jacobi, atribuído á autoridade de Calisto II, así como outros documentos e obxectos artísticos.

Esta efeméride será o punto de partida dun congreso conmemorativo que tratará as relacións entre Roma e Santiago, ás veces conflitivas, pero tamén construtivas. O seu obxectivo será estudar non só o seu impacto na peregrinación xacobea, senón tamén en cuestións como a lexitimación dos votos, a Reconquista e as ordes militares, a posición de Compostela durante o Gran Cisma do Occidente e a influencia española e compostelá durante o século XVI en Roma. A cultura material, a escritura e a forma de organizar as cartas episcopais é así mesmo un bo testemuño do prestixio dos modelos papais. Un fenómeno que mesmo se pode observar na “reinvención” da tumba do Apóstolo e a bula Deus omnipotens de León XIII. É unha casualidade que nesta época da reinvención moitos dos arcebispos composteláns foran elevados tamén a cardeais na curia?

Tentarase así mesmo reflexionar sobre a palabra metrópole nos seus aspectos diversos porque, con esta dignidade, Compostela converteuse non só en arcebispado, senón tamén en metrópole dos peregrinos e da cultura.

Proponse dividir o congreso en catro apartados organizados tematicamente e abranguer deste xeito un arco temporal de máis de mil anos. Contarase coa participación dunha gran número de especialistas internacionais de diferentes disciplinas (historia, teoloxía, dereito canónico, historia da arte, socioloxía, ciencias políticas) co obxectivo de obter unha visión de conxunto dunha cuestión tan rica e variada.

Coordinación: Klaus Herbers, catedrático de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares na Universität Erlangen-Nürnberg (Alemaña) e membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago.

Data: 26-29 de xuño de 2024

Lugar: Auditorio ABANCA
Dirección: Rúa do Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela

Promove: Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago
Organiza: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colabora: ABANCA Obra Social

Inscrición: gratuíta, ata completar capacidade. Do 22/04/2024 ao 21/06/2024.

Enviar o Formulario de inscrición que se achega a: cultura.xacobeo@xunta.gal

Información: cultura.xacobeo@xunta.gal

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.