A Xunta cede ao concello de Arzúa a antiga Casa de Correos que acollerá un centro sociocultural Xacobeo destinado a veciños e peregrinos

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asinou co alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, o contrato de cesión de uso da Casa de Correos e da Horta Anexa pola que o Goberno autonómico cede este inmoble ao concello para usos socioculturais para veciños e peregrinos. Dáse así cumprimento a unha antiga reivindicación do municipio de Arzúa para dinamizar o inmoble.

En virtude deste acordo de cesión da antiga casa de correos, situada na rúa Dores número 3 e a súa horta anexa propiedade do Xacobeo, pasará a ser xestionada polo concello de Arzúa. O edificio linda coa Capela da Madanela e o albergue de peregrinos do Xacobeo e a partir de agora poderá albergar actividades culturais xacobeas que poñan en valor patrimonio material e inmaterial galego e axuden a entender a realidade do Camiño de Santiago e a peregrinación. O edificio porase a disposición do Concello nas condicións axeitadas para a súa operatividade.

En virtude do acordo, o Concello asumirá os custos do mantemento e xestión ordinarias do inmoble, tamén se responsabilizará de contratar e costear a contratación do persoal necesario para mantemento e atención, entre outras actuacións. A cesión ten carácter gratuíto e realízase por un prazo de catro anos, que pode prorrogarse outros catro anos máis sempre que medie acordo expreso das partes.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.