A revista científica ‘Ad Limina’ premiada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño

A revista de divulgación científica cultura Ad Limina resultou galardoada co XII Premio Internacional da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño (APECSA).

Ad limina é unha revista científica editada por Turismo de Galicia, a través da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, dirixida a un amplo espectro de investigadores sobre Santiago e a civilización da peregrinación en xeral e que, da man do Comité de Expertos do Camiño de Santiago, se publica anualmente desde 2010. A revista preséntase sempre en xullo, mes no que se celebra a Festividade do Apóstolo Santiago e o Día de Galicia, e esta presentación cadra cunha reunión plenaria do devandito comité.

Baixo a dirección de Manuel Antonio Castiñeiras González, catedrático de Historia Medieval da Universitat Autònoma de Barcelona e presidente do Comité de Expertos, a revista foi incluída durante estes últimos anos nos seguintes índices e bases de datos nacionais e internacionais.

Ademais de versión impresa tamén conta cunha dixital creada en 2016, e nestes oito anos de presenza na internet, o seu impacto multiplicouse de xeito excepcional; tendo en conta que se trata dunha revista académica tal e como reflicten os datos de descargas tanto de artigos como de volumes completos así o testemuñan. A súa presenza nestes repositorios, nacionais e internacionais, axudaron de xeito definitivo a que o seu impacto medrase moito nos últimos anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *