A Xunta licita as obras de rehabilitación das Torres de Oeste de Catoira

Turismo de Galicia vén publicar na Plataforma de Contratación do Goberno galego a licitación das obras de mantemento e rehabilitación do conxunto monumental Torres de Oeste no Concello de Catoira. Esta é unha acción enmarcada no Plan Xacobeo NextGeneration posto en marcha por Turismo de Galicia con fondos europeos para a rehabilitación e mellora de Bens de Interese Cultural de titularidade pública vencellados ao Camiño de Santiago.  As empresas terán ata o 15 de abril para presentar as súas propostas e o importe da licitación ascende a 420.450,80 euros.

A actuación licitada inclúe o retellado da cuberta da igrexa, restauración da imaxe do Apóstolo Santiago, colocación de novas portas, mellora do badalado da campá e colocación dun panel informativo exterior. Tamén se instalará unha nova caseta informativa, procederase á desmontaxe de pórticos da pérgola e recolocación de columnas como borde lateral de camiños e acondicionamento do paseo. Ademais, mellorase a iluminación exterior existente e realizarase o mantemento das zonas axardinadas.

Plan Xacobeo Next Generation

Esta acción enmárcase nos distintos proxectos que a Xunta de Galicia está a acometer  cos fondos europeos que foron asignados á Comunidade galega dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. En concreto, forma parte do Plan Xacobeo NextGeneration, que inclúe a posta en marcha de distintas liñas de axuda, a sinalización da rede cicloturística Eurovelo ou a rehabilitación de varios BIC do Camiño de Santiago.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.