Turismo de Galicia celebra a exposición ‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’

a-luz-do-calixtino

Chega a Santiago, despois de percorrer varias cidades europeas e españolas, a exposición “Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago” organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Que hoxe foi visitada por Rafael Sánchez, xerente do Xacobeo.

Esta exposición enmarca a candidatura do Códice Calixtino para a súa inclusión no Rexistro Internacional da Memoria do Mundo da UNESCO.

Na exposición poderase desfrutar de textos, fotografías, o facsímil do documento, de pezas orixinais e recreacións audiovisuais baseadas nos datos do Libro V do Códice onde a creatividade contemporánea forma parte do proxecto que é unha maridaxe entre o pensamento do século XII e a vivencia da peregrinación no século XXI.

Ademáis, esta mostra conta con varias láminas orixinais do artista Francisco Leiro, que forma parte da primeira versión completa do Calixtino en lingua galega. Tamén hai unha serie de fotografías actuais do Camiño de Santiago dos artistas Luís Gabú, Santy López, Manuel Valcárcel, Margen Fotografía, Eutropio Rodríguez e Silvia Steinbach, que ilustran a vixencia dunha serie de textos orixinais do Liber Sancti lacobi.

Podedes visitar a exposición de luns a sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas ata o 3 de novembro na igrexa da Universidade de Santiago de Compostela.

Guardar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *