Preto de 32.000 persoas pasaron polos Centros de Interpretación do Camiño de Santiago nos diferentes itinerarios xacobeos

Estes servizos, situados no Cebreiro, Lugo, Mondoñedo e Santiago de Compostela, brindan información e contidos para coñecer e comprender mellor a peregrinación.

Preto de 32.000 persoas visitaron os centros de interpretación do Camiño de Santiago desde comezos deste ano.

Galicia conta con catro centros deste tipo repartidos entre as provincias de Lugo e A Coruña e situados en tres dos itinerarios xacobeos existentes: o Camiño Francés, co centro do Cebreiro; o Camiño do Norte, co de Mondoñedo, e o Camiño Primitivo, co centro de Lugo.

Esta oferta divulgativa se completa coas novas dependencias localizadas na meta de peregrinación, en Santiago de Compostela, como parte dos servizos do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino.

Este tipo de centros de interpretación, xestionados desde Turismo de Galicia a través do Xacobeo, dan un enorme valor engadido á experiencia da peregrinación, xa que brindan aos camiñantes apoio, información e contidos complementarios que lles axudan a comprender e coñecer máis o Camiño de Santiago, en xeral, e a ruta que están a percorrer en particular. Fano desde as diferentes perspectivas presentes na ruta xacobea e que a enriquecen.

O centro de interpretación do Camiño de Santiago no Cebreiro, no emblemático punto de entrada do Camiño Francés na Comunidade, foi o que recibiu máis visitantes, ao superar xa os 12.000. Precisamente este itinerario é o máis seguido polos peregrinos, pois concentra o 60% dos camiñantes totais. Pola súa banda, as instalacións de Lugo recibiron máis de 6.300 e as de Mondoñedo preto de 3.200. Finalmente, ata este servizo do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, na contorna da praza do Obradoiro, achegáronse máis de 10.000 persoas. Neste lugar, Turismo de Galicia dispón de espazos onde o peregrino pode recibir asesoramento para continuar a súa estadía na Comunidade tras recoller a Compostela.

Un verán de novidades e melloras

Todos estes centros se atopan en camiños declarados Patrimonio Mundial pola Unesco que, ao igual que o resto de itinerarios, están a experimentar constantes melloras ao abeiro do Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago. Coa vista posta no Xacobeo 2021, xa se desenvolveron numerosas iniciativas en eidos como o mantemento viario, a sinalización e a seguridade viaria, a potenciación dos valores patrimoniais, o impulso da accesibilidade e da sustentabilidade medioambiental ou o fomento da investigación e a cultura xacobea.

Nas últimas semanas, inauguráronse numerosos proxectos como as piscinas do Parque Monte do Gozo, que abren durante todo o verán de balde para todos os cidadáns; ou o novo albergue da Fonsagrada, tras a rehabilitación dun edificio histórico. A Rede Pública de Albergues tamén estreou sinalización táctil accesible para os peregrinos con discapacidade visual total ou parcial. Todas estas accións esténdense ao Camiño Portugués, a súa variante pola Costa, ao Inglés, á Vía da Prata, ao Camiño de Muxía-Fisterra e ao Camiño de Inverno.

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.