O Camiño de Fisterra e Muxía inaugura unha segunda oficina de información en Santiago de Compostela

A prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía reforza a súa promoción dende a propia capital de Galicia, onde conta xa con dúas oficinas de información turística. A segunda xa foi inaugurada e está situada no número 31 de Casas Reais, nunhas instalacións xestionadas pola compañía Brigantia Viaxes.

Este novo punto de información é froito da colaboración e o apoio dos concellos de Fisterra e Muxía xunto coa Asociación Muxía Turismo Rural e a devandita compañía. Os peregrinos atoparán alí ampla información sobre a ruta xacobea que se extende ata os devanditos concellos, e tamén poderán contemplar un vídeo promocional sobre os recursos e atractivos turísticos dos mesmos. Asemade, o Concello de Muxía editou un directorio que recolle toda a oferta de establecementos que ofertan aloxamento e gastronomía na zona. A publicación tamén estará dipoñible na oficina compostelá.

Máis de medio centenar de persoas asistiron ao acto inaugural, entre os que se atopaban os alcaldes de Fisterra, José Marcote; Muxía, Félix Porto, e Dumbría, José Manuel Pequeño, así como as concelleiras de Turismo de Santiago, Marta Lois e de Ames, Isabel González; o deputado provincial responsable de Turismo, Xosé Regueira; o xerente de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez; o presidente da Federación de Empresarios da Costa da Morte, José Gabín; o xerente da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago, Ramón García; o presidente da Federación Galega de Turismo Rural, Cesáreo Pardal e o directivo do Clúster de Turismo de Galicia, Carlos Tardaguila, entre outros.

Fonte e fotografía: El Correo Gallego

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.