A Xunta de Galicia organiza por sexto ano consecutivo o ciclo Cultura no Camiño

A Xunta de Galicia organiza por sexto ano consecutivo o ciclo Cultura no Camiño, que se estende ata finais de setembro por 103 concellos das rutas xacobeas cunha programación de 342 citas escénicas e musicais. Esta iniciativa, promovida pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, volve contar, ademais, co patrocinio de Gadis.

O programa mantén como obxectivo enriquecer e descentralizar a oferta cultural galega, así como dinamizar a contratación dos espectáculos de teatro, música, maxia, novo circo e danza producidos en Galicia de xeito profesional. De feito, este ano serán 142 as formacións artísticas en cartel, cifra moi superior á das 56 compañías coas que o ciclo botou a andar en 2013. Desde entón tense case duplicado, así mesmo, o número de concellos participantes e cuadruplicado as funcións ofrecidas.

Esta sexta edición, que arrancou a mediados do pasado mes de abril, prolongaranse ata o 30 de setembro, coincidindo co período de maior auxe das peregrinacións e contribuíndo tamén a enriquecer o programa turístico dos concellos participantes. Todos eles están situados nalgunha das rutas de peregrinación polas que discorre o Camiño de Santiago en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra e Muxía, Camiño de Inverno, Camiño do Norte, Vía da Prata, Camiño Inglés, Camiño Portugués, Camiño Portugués pola Costa, Camiño Primitivo e Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

Por provincias, 38 concellos coruñeses acollerán 120 actuacións; en Lugo, 27 concellos ofrecerán 91 citas; 14 concellos de Ourense porán ao dispor do público 52 funcións; e en Pontevedra, 24 concellos programarán un total de 79 representacións.

Ademais, o programa ofrece unha destacada escolma da actual produción escénica e musical galega con nomes como Contraproducións, Ghazafelhos, Guadi Galego, Isabel Risco, Lila Teatro, Mago Teto, Mamá Cabra, Odaiko, Óscar Ibáñez, Pisando Ovos, Pistacatro, Rosa Cedrón, Treixadura, Xarope Tulú ou Xoán Curiel, citando tan só algúns dos 142 grupos e artistas incluídos nesta ampla carteleira. Serán, en total, 148 representacións de teatro, 92 actuacións musicais, 66 de maxia, 31 de novo circo e 5 de danza. Moitas delas organizaranse en emprazamentos ao aire libre, co que se multiplica a súa visibilidade e o seu labor de dinamización cultural.

MÁIS INFORMACIÓN

Deixa un comentario

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.