bap

Quen pode facer o Camiño?
O Camiño de Santiago é un percorrido ao que acoden actualmente miles de peregrinos de todo o mundo para dirixirse, a pé, en bicicleta ou a cabalo, a Santiago de Compostela. Así pois, sempre está aberto a todo aquel que queira percorrelo. Agora ben, é importante unha boa preparación, tanto física como mental, á hora de involucrarnos nun reto deste tipo.

E é que aínda que non se precisan unhas condiciones físicas específicas para facelo, si é recomendable estar en forma, xa que percorrer o Camiño non deixa de ser unha actividade deportiva á que probablemente non estamos acostumados, posto que non todos os días camiñamos decenas de quilómetros de forma consecutiva. Trátase dunha actividade que pode pasarnos factura se non levamos a cabo unha preparación previa de polo menos seis semanas, nas que debemos facer un plan de adestramento de menor a maior intensidade.

Hai quen se pregunta se se pode facer a calquera idade, e a resposta é afirmativa. Iso si, facendo a preparación física que acabamos de mencionar.

Por outra parte, ao ser nós mesmos os que planificamos a nosa ruta, as nosas etapas e os nosos descansos, somos tamén nós os que temos que facer que o noso percorrido se adapte á nosa condición física e mental. É dicir, que aínda que hai un mesmo camiño para todos, hai infinidade de maneiras de facelo, e entre todas elas sempre atoparemos algunha á nosa medida.

É por iso que hai xente que o fai por etapas con varios días de descanso polo medio e xente que o fai durante vinte días seguidos; xente que planifica rutas de 15 quilómetros e xente que planifica rutas de 30. Do mesmo xeito, hai xente á que lle chega con durmir seis horas nun saco de durmir nun albergue, e hai xente que prefire descansar ben o corpo na comodidade dun colchón de calquera hostal ou hotel.

O importante é que recordemos que non temos que forzar a nosa mente e o noso corpo, xa que non hai presa e Santiago de Compostela sempre nos vai recibir cos brazos abertos, cheguemos cando cheguemos.

Así que, en definitiva, para cada persoa, un Camiño. Sabes xa cal é o teu?

Como planificar o teu camiño
Cando comezamos a planificar o Camiño de Santiago, existen algúns factores a ter en conta.

O primeiro é decidir como o imos facer: a pé, a cabalo, en bicicleta … Normalmente, a maioría dos peregrinos decide ir a pé, xa que non esixe tanta preparación física como viaxar en bicicleta e o cabalo esíxenos pensar non só no noso mantemento e na nosa comida, senón tamén no seu. Pode dicirse que facelo camiñando é, polo tanto, axeitado para case todos.

Unha vez que decidamos como o imos facer, temos que tomar outra decisión sobre a ruta. Para iso, deberemos buscar información sobre as rutas dispoñibles e o seu grao de dificultade.

O terceiro factor a considerar é o tempo que temos para tratar adaptar o número de etapas ao número de días e non forzar o noso corpo. O mínimo necesario para chegar a Santiago é de 100 quilómetros, a pé ou a cabalo, ou 200 quilómetros, se optamos por facelo en bicicleta. A partir de aí, podemos comezar a etapa onde queiramos, pero como dicimos, sempre intentando adaptarse aos días que temos dispoñibles.

Tamén é importante decidir en que época do ano imos facelo, pois iso pode influír non só no noso desgaste físico, senón tamén ao elixir as pertenzas que imos necesitar.

Debemos tamén solicitar a credencial de peregrino no punto de partida e selar o inicio da nosa ruta. Con iso, iremos parando en cada unha das distintas paraxes do Camiño para recibir un selo. É esa credencial a que nos dará acceso a albergues públicos e é tamén o único documento que proba ao chegar a Santiago que fixemos máis da distancia mínima esixida e, polo tanto, correspóndenos recoller a Compostela ao final do traxecto.

Non debemos esquecer tampouco a nosa idade e noso estado físico, e paga a pena facer unha revisión médica completa antes de someter ao noso corpo a tanto esforzo, así como informarnos sobre posibles puntos de asistencia no Camiño en caso de precisala.

Finalmente, cómpre recordar que toda a información é pouca e que en Internet podemos atopar unha morea de axuda a este respecto. Tamén podemos acudir a Cofradías e Asociacións de peregrinos que nos axuden a resolver todas as nosas dúbidas e  nos aconsellen á hora de afrontar o Camiño.

Unha vez planificada a nosa viaxe, estamos preparados para a aventura.

Vémonos no Camiño!

Imprescindibles do Camiño de Santiago
Á hora de facer o Camiño de Santiago é importante ter en conta varios consellos que, ademais de axudarnos, facilitarán a nosa viaxe.

O primeiro de eles é prepararse física e mentalmente, posto que o Camiño supón todo un reto e normalmente non estamos acostumados a camiñar decenas de quilómetros en días consecutivos. Non se trata de facer moito deporte a semana anterior, senón de adestrar de xeito constante no tempo durante as seis ou oito semanas previas para acostumar ao noso corpo e á nosa mente ao desgaste que supón camiñar de maneira continuada. Ademais, o recomendable é iniciar estes adestramentos co calzado que imos utilizar ao longo da viaxe e, polo menos a semana previa, facelo tamén coa mochila que vamos levar para acostumarnos ao peso.

Tamén é importante planificar en que época imos facer o Camiño. A maioría dos peregrinos consideran que a primavera e o comezo do outono son as mellores, posto que en verán as condicións climatolóxicas poden chegar a angustiarnos e no invernos hai algúns albergues que cerran as súas portas.

En canto ó calzado adecuado para camiñar, o máis habitual é usar botas de montaña, que nos illan do frío e nos suxeitan o nocello, e se viaxamos en meses de calor, o que se recomenda é utilizar zapatillas de montaña, xa que fan que os nosos pés se quenten menos. Ademais, debemos empregar calcetíns sen costuras e feitos de fibras, para que os pés transpiren ben, e nunca de algodón, xa que se mollan con facilidade e poden producir bochas.

Outra cousa importante é a mochila, que non debería superar o 10% do noso peso e debe levar só o imprescindible. Ademais, debe ter suxeición na cintura, para repartir o peso correctamente e non só sobre os nosos ombreiros.

O seguinte será planificar as etapas do Camiño de Santiago ao noso ritmo, decidindo cantas etapas faremos e cantos quilómetros recorreremos. O importante é adaptar a distancia de cada etapa á nosa condición física. Unha boa idea é comezar o Camiño facendo distancias cortas e ir aumentando ata unha media de 20 ou 25 quilómetros por día. E se nalgún momento nos sentimos con molestias, o mellor é tomarnos un descanso ou dedicar un día enteiro a recuperarnos para evitar posibles lesións.

Por último, é recomendable buscar información sobre albergues, cámpings, pensións ou hoteis no Camiño. Nos albergues será necesario presentar a credencial do peregrino para poder aloxarnos e, de maneira xeral, non se poden facer reservas, polo que é bo estar informados doutras posibles opcións para pasar a noite.

Facer o Camiño de Santiago é toda unha experiencia, non só por chegar a Santiago senón en todo o seu recorrido, polo que calquera consello nos servirá de axuda e fará que a viaxe sexa inesquecible.

O camiño e a mochila, todo o que cómpre saber
Preparar a mochila é unha das cousas que máis dor de cabeza nos produce á hora de facer o Camiño de Santiago. O feito de ter que cargar con ese peso durante varios días seguidos obríganos a ser prácticos e a seleccionar ben o que metemos dentro e o que deixamos na casa.

Para empezar, recoméndase que a mochila teña suxeición á cintura para repartir mellor o peso, e se ademais pode ter cerre tamén no peito, moito mellor. Ademais, é convinte que teña ombreiras axustables e departamentos de acceso rápido para ter á man a auga, por exemplo. O importante é que sexa cómoda e lixeira. Tampouco deberíamos esquecer levar un impermeable para mochilas (mellor se é axustable).

Unha vez temos a nosa mochila, é o momento de empezar a enchela.

O máis imprescindible é, sen dúbida, o saco de durmir. Sempre hai que levar saco (agás se optamos por durmir nun hotel) e este debe ser lixeiro. Ademais, o aconsellable é que ese saco sexa de fibra, capaz de illar temperaturas entre 10 e 15 grados.

A partir de aí:

Cantimplora.

Dúas ou tres mudas e un par de pantalóns e de polares que ocupen e pesen pouco. Ademais, é importante levar chuvasqueiro adaptado á época do ano.

Tres ou catro pares de calcetíns.

Chanclas para a ducha e para andar ó finalizar a xornada.

Viseira ou sombreiro para protexernos do sol, tanto na fronte como na caluga.

Unha toalla de microfibras. Estas toallas están fabricadas en poliéster e poliamida e secan con rapidez. Ademais, teñen moi pouco peso.

Cepillo, pasta de dentes e xabón tanto para o noso aseo como para lavar a roupa.

Un pequeno botiquín co básico. Un consello é que, se se fai o Camiño en compañía, pódese levar un botiquín conxunto e repartir o peso.

Crema de protección solar.

Son moi recomendables as cremas anti rozaduras para os pés e para o corpo.

DNI, tarxeta sanitaria, unha tarxeta de débito/crédito e a credencial do peregrino.

A roupa (tamén a que levemos posta) debe axustarse á época do ano en que fagamos o Camiño, facendo uso de gorro e luvas en caso de facelo nos meses máis fríos, e en todos os casos recoméndase que sexa roupa moi transpirable.

Unha vez o teñamos todo na mochila, é convinte probala e facer probas con ela posta durante os días antes. Se vemos que pesa demasiado, debemos ordenar a lista de prioridades e quitar algunha cousa. En caso de ter que prescindir de algunha, empezaremos polas cousas de “por se acaso”, esas cousas que non estamos seguros que vaiamos usar, pero que engadimos sempre por se resultara que nos fixeran falta. E neste punto convén recordar que non vamos facer unha travesía por una zona deserta, senón que hai posibilidade ao longo de todo o camiño de adquirir o que necesitemos no caso de necesitalo nalgunha tenda o farmacia.

Agora si… ¡que comece a viaxe!

X Xornadas en Defensa dos Camiños Públicos
A Plataforma A Desalambrar organiza as X Xornadas en Defensa dos Camiños Públicos no Albergue de Cerro Muriano de Córdoba, promovido pola Plataforma Ibérica polos Camiños Públicos. Estas xornadas celebraranse entre o 9 e o 11 de decembro de 2016 aínda que o día 8 haberá unha xornada de adiantamento lúdico.

Nestas xornadas poderase gozar de rutas de sendeirismo, unha visita guiada pola cidade de Córdoba e de coloquios e talleres onde se falará sobre a situación dos camiños e como poder mellorala.

Este é o programa para as xornadas:

Día 7 de decembro.

A partir das 18 horas: Chegada dos primeiros participantes e acollida no albergue.

Cea libre

Día 8 de decembro.

Almorzo libre

9 horas: Ruta de sendeirismo pola Serra de Córdoba (2 niveis distintos). Comida de pic-nic libre.

Cea libre.

Día 9 de decembro

10 horas: Visita guiada á Cidade de Córdoba.

Comida libre

18 horas: Comezo formal das Xornadas en Defensa dos Camiños Públicos. Centro de Educación Ambiental (Córdoba)

Taller sobre camiños públicos:

Participarán, entre outros:

Xavier Campillo e Bessés (Xeógrafo e Perito de camiños)

José María Nassarre (Asesor xurídico da Federación de Deportes de Montaña de España)

Que é un camiño público? Como recoñecelo

Que deben facer as administracións locais cos camiños públicos? Inventario, protección, recuperación

Que poden facer os cidadáns para defender os camiños públicos?

Cea no Centro de Educación Ambiental

Día 10 de decembro

8 horas: Almorzo

9 horas: Presentación de asistentes

10 horas: Taller sobre vías pecuarias:

Situación das vías pecuarias en Andalucía

Que poden facer as administracións para defender e recuperar a vías pecuarias?

Que podemos facer os cidadáns para defender e recuperar as vías pecuarias?

12:30 horas. Talleres paralelos:

Recuperación de ferrocarrís abandonados

Usos e situación dos montes públicos

14 horas: Comida no albergue

15 horas: Visita ao sitio patrimonial de Cerro Muriano

16:30 horas: Presentación de asistentes

17:30 horas: Accións coordinadas na defensa dos camiños públicos e vías públicas

19 horas: Asemblea da PICP

20 horas: Cea

21 horas: Actividade lúdica no albergue

Para o día 9 pola tarde e o día 10 incluiranse actividades paralelas para acompañantes e/ou de ludoteca infantil se hai demanda.

Día 11 de decembro

9 horas: Ruta de sendeirismo pola contorna de Cerro Muriano

15 horas: Perol cordobés e clausura das xornadas

Para máis información podedes entrar en picp.es

Guardar

Guardar

Turismo de Galicia celebra a exposición ‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’
Chega a Santiago, despois de percorrer varias cidades europeas e españolas, a exposición “Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago” organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Que hoxe foi visitada por Rafael Sánchez, xerente do Xacobeo.

Esta exposición enmarca a candidatura do Códice Calixtino para a súa inclusión no Rexistro Internacional da Memoria do Mundo da UNESCO.

Na exposición poderase desfrutar de textos, fotografías, o facsímil do documento, de pezas orixinais e recreacións audiovisuais baseadas nos datos do Libro V do Códice onde a creatividade contemporánea forma parte do proxecto que é unha maridaxe entre o pensamento do século XII e a vivencia da peregrinación no século XXI.

Ademáis, esta mostra conta con varias láminas orixinais do artista Francisco Leiro, que forma parte da primeira versión completa do Calixtino en lingua galega. Tamén hai unha serie de fotografías actuais do Camiño de Santiago dos artistas Luís Gabú, Santy López, Manuel Valcárcel, Margen Fotografía, Eutropio Rodríguez e Silvia Steinbach, que ilustran a vixencia dunha serie de textos orixinais do Liber Sancti lacobi.

Podedes visitar a exposición de luns a sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas ata o 3 de novembro na igrexa da Universidade de Santiago de Compostela.

Guardar