A Xunta de Galicia fará obras de conservación no Colexio do Cardeal, en Monforte de Lemos

A Xunta de Galicia vén de licitar as obras de conservación na igrexa, claustro e áreas de visita pública no Colexio do Cardeal para solucionar as afeccións que sufre o inmoble, entre elas solucionar as gretas provocadas na igrexa polo célebre terremoto de Lisboa de 1755, que aínda que non comprometen á estabilidade das bóvedas … Ler máis

Restricións á mobilidade nos Concellos de Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo e Trabada; que afecta ao tránsito de peregrinos no Camiño do Norte

A ORDE do 5 de xullo de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19, no artigo Terceiro, punto 1.a, limita a entrada e saída de persoas do ámbito territorial determinado polos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, … Ler máis

A Xunta pon en marcha unha plataforma online para reservar praza nos albergues públicos do Camiño de Santiago

A Xunta de Galicia pon en marcha alberguesxacobeo.gal, unha plataforma online para reservar praza nos albergues públicos do Camiño de Santiago, ofrecendo así maiores garantías aos peregrinos no actual contexto sanitario. A través dela os usuarios teñen acceso a un buscador con todos os establecementos da rede pública mediante o cal poden efectuar a súa … Ler máis

Reapertura da Catedral de Santiago e da Oficina de Acollida ao Peregrino

A Catedral de Santiago abrirá a partir do día 1 de xullo en horario de 9.00 a 19.00 horas (último acceso ás 18.45 horas). O acceso realizarase pola porta de Praza de Praterías. Poderase venerar o Sepulcro pero non acceder ao camarín para o abrazo ao Apóstolo, debido ás obras de restauración. O Museo da … Ler máis

As Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago recibiron a Medalla Castelao 2020

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, fixo entrega dunha das Medallas Castelao 2020 a Luis Gutiérrez Perrino, presidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, que recolleu o galardón en nome de todas as Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago. As Asociacións de Amigos do Camiño de … Ler máis

A Xunta de Galicia licita as obras de conservación no convento de Herbón

A Xunta de Galicia licitou hoxe as obras de conservación no convento de Santo Antón de Herbón, en Padrón, que permitirá resolver os problemas presentes na zona do claustro, a máis antiga do convento e a que se atopa en peor estado, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas cara ao seu uso cultural. … Ler máis

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.