O Camiño de Fisterra e Muxía conta cun novo punto de información en Santiago de Compostela

A Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, Solpor, presentou onte o seu punto de información en Santiago, situado en Viajes Viloria, fronte da Oficina do Peregrino da rúa Carretas. Solpor alcanzou un acordo coa axencia para a entrega gratuíta das credenciais e mapas que edita, e de información adicional da … Ler máis

León acollerá o Pleno do Consello Xacobeo o próximo 9 de abril

A cidade de León albergará o próximo 9 de abril a celebración do Pleno do Consello Xacobeo. Cabe lembrar que o alcalde de León, en calidade de presidente da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, asinou o pasado 7 de febreiro un convenio de colaboración co Ministerio de Cultura para intensificar a relación entre … Ler máis

O Concello de Oroso asinou un convenio de colaboración coa asociaicón británica Friends of Finchale Camino para promocionar o Camiño Inglés

  O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asinou na localidade británica de Bishop Auckland un convenio de colaboración coa asociación Friends of Finchale Camiño, equivalente a unha asociación de amigos do Camiño de Santiago. Ábrese así unha nova etapa que vén ser continuación da que comezou hai dous anos, cando, coa recuperación por parte do … Ler máis

A escritora coreana, Kim Nam Hee, recibiu o V Premio Aymeric Picaud

A escritora coreana, Kim Nam Hee, recibiu o pasado 17 de marzo no parador de Santo Domingo de la Calzada o V Premio Internacional Aymeric Picaud como “recoñecemento” ao seu labor de divulgación do Camiño de Santiago no seu país a través dos medios de comunicación. Un premio destinado “a recoñecer os valores e principios … Ler máis

Peregrinación desde a abadía de Finchale á catedral de Durham ( Reino Unido)

O próximo 17 de marzo terá lugar unha histórica peregrinación no condado de Durham (Reino Unido), coincidindo coas celebracións anuais do Día de San Cuthbert. Esta ruta, desde a abadía de Finchdale ata a catedral de Durham, recorrera o Camiño de Santiago, que foi unha importante ruta de peregrinación durante a Idade Media en Inglaterra. … Ler máis

Pilgrimage: The Road To Santiago

Pilgrimage: The Road To Santiago, é unha nova serie de tres episodios sobre viaxes que emitirá a BBC Two, sete rostros famosos desposúense das súas comodidades cotiás para vivir como peregrinos modernos mentres fan o Camiño de Santiago. Con pouco máis de dúas semanas para abordar este antigo camiño, o actor Neil Morrissey, a artista … Ler máis

Resumen de privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web/blog pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste blog poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web/blog.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web/blog que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal/blog por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal/blog e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal/blog co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.