A Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo foi fundada no ano 1965 polo seu actual director, D. Anxo Viro Caamaño. A formación actuou practicamente en todo o territorio nacional así como, en diversas ocasións, no estranxeiro (Lisboa, París, Londres, Múnic ou Bos Aires).
Entre as súas distincións cabe destacar o primeiro premio no Festival de Corais de León, no Concurso de Mieres e no Festival de Panxoliñas de Caixanova, ademais de dous premios de polifonía no Festival de Habaneras de Torrevieja.
É medalla de prata da Emigración da Xunta de Galicia e medalla de prata do Concello de Ponteareas. Foi convidada a actuar no Vaticano e foi recibida por SM El Rei de España no Palacio da Zarzuela.
Actualmente compóñena 53 coralistas e no seu repertorio (240 cancións) teñen cabida todos os estilos: sacro, profano, popular, clásico, etc.
Data: 9 de outubro de 2016
Hora: 13:00
Lugar: Santuario das Ermidas. O Bolo . Ourense
Organiza: Centro Artístico Sportivo
Colabora: Turismo de Galicia. Xunta de Galicia.