Exposición: DE MAR A MAR. O Camiño de Santiago en 3D (A Coruña)

A exposición 3D De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D é unha mostra de fotografía en tres dimensións, con pezas espectaculares e de grande formato, realizadas coa técnica estereográfica. Unha exposición que presenta imaxes dos camiños, patrimonio, paisaxes e peregrinos do Camiño Inglés, do Camiño de Fisterra e Muxía, do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa.

O título desta mostra, fai referencia a ese mar das rutas atlánticas co que principia a exposición, ao mar das costas lusitana e galega, tan ligado aos camiños portugueses de peregrinación a Santiago, para rematar, unha vez se chega a Compostela, no océano aberto da Costa da Morte, final físico e simbólico do camiño a Fisterra e Muxía.

Espazo: Casa Museo Casares Quiroga
Dirección: Rúa Panadeiras, 12. A Coruña

Datas: Del 28 de diciembre de 2017 al 14 de enero de 2018
Horario da exposición: de martes a sábado de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 h. Domingos e festivos de 12:00 a 14:00 h

Organiza: Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colabora: Concello da Coruña

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará