De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata é unha mostra de fotografías en tres dimensións, con pezas espectaculares e de gran formato, realizadas coa técnica estereográfica onde se presentan imaxes do patrimonio, paisaxes e peregrinos que percorren este camiño de peregrinación.
O título da mostra fai referencia a unha frase recollida no libro IV do Códice Calixtino no que se narra a aparición do Apóstolo Santiago ao emperador Carlomagno onde lle pide que o seu exército combata ás xentes pagás, libere o seu camiño e visite a súa basílica e sartego profetizando…”e despois de ti irán alí peregrinando todos os pobos, de mar a mar…”.
Espazo: Centro Cultural Marcos Valcárcel
Dirección: Rúa Progreso, 30. Ourense
Datas: Do 7 de novembro ao 8 de decembro
Apertura ao público: 7 de novembro
Horario: Luns a venres de 11:00 a 14:00h e de 17:00 a 21:00
Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00h
Organiza: Xacobeo 2021. Xunta de Galicia
Colaboran: Deputación de Ourense-Centro Cultural Marcos Valcárcel