Facer camiño é unha mostra, comisariada pola Académica da Sección de Expertos nas Artes, Asunta Rodríguez , na que a Real Academia Galega de Belas Artes, coa colaboración da Xunta de Galicia, fai unha proposta mediante a cal os/as académicos/as e artistas visuais Ignacio Basallo, Manuel Buciños, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Miguelanxo Prado, Manuel Quintana Martelo e Rafael Úbeda.
Na mostra poderán verse 23 obras nas que a a través das súas pinturas, fotografías ou esculturas estes/as artistas abren os seus mundos reflexionando desde o proceso creativo, que é o seu modo de facer camiño.
Data: do 2 ao 30 de decembro de 2020
Espazo: Biblioteca Pública de Ourense
Organiza: Real Academia Galega de Belas Artes
Colabora: Xacobeo 2021. Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia