Exposición itinerante “Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño” 🗓

Dentro das actividades programadas pola celebración do Xacobeo 21·22 a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, produce a exposición Percorrer o Tempo. Visións contemporáneas do Camiño, enmarcada na colaboración coa Fundación La Caixa. A exposición foi exhibida na Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela, tendo de seguido un recorrido internacional primeiro en Roma e, agora, na cidade de Porto.

Comisariada por Nicolás Combarro, ten por obxectivo mostrar unha mirada diferente sobre o Camiño de Santiago, integrando diferentes propostas no campo audiovisual, que desenvolven ata os seus límites o que se deu en chamar “novo documentalismo”.

Carla Andrade, Lúa e Bandía Ribeira, Luís Díaz e Iván Nespereira, son autores do novo panorama fotográfico galego que dialogarán con outros artistas españois, como Cristina de Middel e Miguel Ángel Tornero, e extranxeiros: Michel Lebelhomme, Olivia Arthur e André Cepeda. Dez artistas que cultivaron éxitos no panorama da nova fotografía internacional, e varios deles membros da prestixiosa Axencia Magnum, achégannos unha mirada renovada sobre os roteiros xacobeos e á fotografía como outra forma de mirar.

A proposta de cada autor preséntase en formato audiovisual, diaporama ou vídeo, transcendendo un proxecto de natureza meramente expositiva, no que se realizarán talleres e diversas actividades relacionadas coa fotografía e a tradición xacobea buscando a interacción co público portugués.

Espazo: Praza do Parque
Dirección: Parque da Cidade. Porto
Data: Do 12 de setembro ao 16 de outubro de 2022
Horario: Todos os días das 11:00 ás 19:00h

Organiza: Axencia Turismo de Galicia
Patrocina: Fundación La Caixa
Colabora: Cámara Municipal de Porto

from to
Scheduled ical Google outlook Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará