Exposición: Vía Lusitana. O espazo Xacobeo no Norte de Portugal e Galicia 🗓

A peregrinación á tumba do apóstolo Santiago o Maior, con mil douscentos anos de historia, foi consagrada como feito colectivo da cultura occidental, piar da conciencia común e da identidade do Vello Continente, acadando a consideración para esta ruta universal, por parte do Consello de Europa, como primeiro itinerario cultural europeo, e recibindo a categoría de patrimonio mundial da UNESCO.

Dentro da complexidade da rede de vías xacobea que conforman o Camiño de Santiago, a Vía Lusitana é unha das de maior prestixio, forxada entre Portugal e Galicia dende a Idade Media. Un percorrido sacro que foi quen de crear ao longo dos séculos un vínculo espiritual e cultural entre os pobos irmáns, sendo tamén ruta internacional para moitos peregrinos de orixe extra-peninsular, todos eles beneficiados pola hospitalidade e as vellas tradicións da peregrinación occidental. A Vía Lusitana, en definitiva, é un itinerario espiritual e histórico que, no espazo específico do norte de Portugal e Galicia, propicia hoxe en día unha conexión persoal coa memoria compartida e a comuñón coa beleza dunha xeografía sagrada que favorece a comunicación do peregrino con todo o creado, coa natureza, a arte e as tradicións, pero tamén cos compañeiros de ruta e consigo mesmo, como corresponde a un espazo de introspección e de encontro, unha vía de intercambio e entendemento na forxar o futuro común.

Lugar: Sala Campolongo. Edificio Administrativo da Xunta

Dirección: Avda. María Victoria Moreno, nº 43. Pontevedra

Data: do 9 de xuño ao 11 de xullo de 2021

Organizan: República Portuguesa e Xunta de Galicia

from to
Scheduled Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *