A Universidade de Santiago de Compostela convoca para o exercicio 2020, en réxime de concorrencia competitiva, tres proxectos de investigación, para a Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións.
Co obxectivo de fomentar o coñecemento histórico e actual do Camiño de Santiago e das Peregrinacións, así como a promoción e difusión dos valores a eles asociados nas súas diferentes facianas, cumprindo deste xeito cos fins para a que foi creada a Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC, a devandita Cátedra propón tres proxectos de investigación sobre a temática do Camiño de Santiago e as Peregrinacións.
Os proxectos seleccionados deberán presentar os seus resultados da investigación na xornada “Investigando coa Cátedra do Camiño” da USC no auditorio da Cátedra e organizada pola mesma en data a determinar polo director.
O período de execución dos proxectos será o comprendido entre o 1 de setembro de 2020 e 30 de novembro de 2020.