O Camiño das Músicas Galegas. La Duendeneta

A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia,  inclúe dentro da programación Xacobeo 21.22, unha nova edición de LA DUENDENETA, O CAMIÑO DAS MÚSICAS GALEGAS, proxecto de difusión cultural que xa víu a luz o ano pasado percorrendo concellos do Camiño de Santiago có obxectivo de dar a coñecer aos peregrinos e ao público en xeral a música galega e feita en galego.

Nesta nova edición a furgoneta móbil vintage LA DUENDENETA, viaxará ao longo do mes de xuño e xullo por diversas prazas e vilas que coinciden coas habituais finais de etapa do Camiño de Santiago, ofrecendo unhas sesións musicais de carácter didáctico, que amosarán a historia da música dende os artistas pioneiros ata o día de hoxe, incluíndo todos os xéneros: pop, rock, folk, canción de autor, hip hop, tradicional, electrónica e blues.

O recoñecido xornalista, Carlos Crespo, que conta cunha ampla experiencia na difusión da cultura en medios de comunicación, como A Voz de Galicia ou Radio Nacional de España, será o encargado de exercer de Dj para facer unhas sesións bautizadas có título de OS CAMIÑOS DAS MÚSICAS GALEGAS, nas que os peregrinos e espectadores en xeral poderán disfrutar e entender os fitos musicais máis destacados da nosa historia musical.

Os asistentes que se atopen en cada etapa de actuación da DUENDENETA, poderán descargarse no seu móbil a play list completa a través dun código QR e escoitala en calquera momento.

Organiza: Xacobeo 21-22.Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colabora: Fundación La Caixa

PROGRAMA MES DE XUÑO

Sábado 11: O Pedrouzo, O Pino
Luns 13: Arzúa
Martes 14: Melide
Mércores 15: Palas de Rei
Xoves 16: Portomarín
Domingo 19: Sarria
Luns 20: Triacastela
Martes 21: O Cebreiro, Pedrafita
Mércores 22: Vedra
Domingo 26: Silleda
Luns 27: Lalín
Martes 28: Ourense
Mércores 29: Xinzo de Limia
Xoves 30: Allariz

PROGRAMA MES DE XULLO

Domingo 3: Fisterra
Luns 4: Muxía
Martes 5: Corcubión
Mércores 6: Cee
Xoves 7: Negreira
Domingo 10: Santaigo de Compostela

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará