1ª Edición: de Quiroga a Monforte de Lemos
Do 2 ao 6 de setembro de 2019
Casa Grande de Rosende. Sober (Lugo)
A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco do programa O teu Xacobeo, de apoio a proxectos de dinamización do Xacobeo 2021, organiza dous Workshops internacionais de paisaxe co título: tras as pegadas do Camiño de Inverno nas paisaxes da Ribeira Sacra. Os workshops terán lugar en setembro de 2019 e marzo de 2020 estando dedicado o primeiro deles ao tramo que vai desde Quiroga a Monforte de Lemos e o segundo ao tramo Monforte de Lemos a Chantada.
Máis información en info@juanadevega.org ou no teléfono 981654637.