XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos 🗓

Título: Santiago de Compostela: Camiños do saber, do andar e do crer

Coordinadores: Paolo Caucci von Saucken e Manuel Castiñeiras

O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago celebrou desde o ano 1993, especialmente con motivo dos anos santos, un congreso internacional co obxectivo de poñer en valor o legado cultural, patrimonial e espiritual da peregrinación xacobea. A cidade de Santiago, a peregrinación marítima, o Códice Calixtino, as tres peregrinacións maiores, os ritos e as metas, o culto a María e Santiago, o padroado de Santiago, ou a figura de don Berenguel de Landoria foron algún dos temas abordados nestes congresos, que se converteron así nun referente internacional da investigación xacobea, da promoción patrimonial do Camiño de Santiago e do estudo do fenómeno das peregrinacións en xeral.

Con motivo do dobre Ano Santo 2021-2022 o Comité afronta un novo reto con este congreso, no que se pretende analizar o estado da peregrinación xacobea das últimas décadas en tres apartados fundamentais: o saber da investigación, o andar das redes de itinerarios e hospitais, e o crer da espiritualidade e devocións do Camiño. Con todo, nun mundo globalizado como o actual, cómpre tamén encadrar o fenómeno xacobeo nunha perspectiva máis ampla e comparalo con outras peregrinacións desde unha visión intercultural e multiconfesional propia da Global History.

Data: 22 de marzo de 2022

Lugar: Hostal dos Reis Católicos
Dirección: praza do Obradoiro. Santiago de Compostela

Data: do 23 ao 26 de marzo de 2022

Lugar: Auditorio ABANCA
Dirección: rúa do Preguntoio, 23. Santiago de Compostela

Organiza: Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e Turismo de Galicia

Inscrición gratuíta ata completar capacidade dos espazos

Prazo de inscrición: do 7 de febreiro ao 18 de marzo de 2022

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Información e contacto
S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Área de Cultura Xacobea
Tel.: 881 9996 265
Enderezo electrónico: cultura.xacobeo@xunta.gal

PROGRAMA

from to
Scheduled Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará