As XVI Xornadas Científicas do Camiño de Inverno que organiza a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra teñen por lema “O Patrimonio Inmaterial do Camiño de Inverno por Ribeira Sacra”, desenvolvéndose este ano no Concello de Monforte de Lemos, segundo a orde rotatorio de concellos destas terras ao que dedican as Xornadas cada ano a Asociación. Serán as lendas, cantigas, contos, historias, concertos con instrumentos tradicionais, como a zanfona ou o pito pastoril galego os temas que abordarán os relatores invitados, e mesmo, os propios participantes serán convidados a que acheguen os seus coñecementos sobre esta temática nunha das xornadas. Trátase de poñer en valor este rico Patrimonio oculto, moito del, a piques de desaparecer e que foi transmitido de forma oral xeración tras xeración.
Datas: 13, 14 e 15 de setembro de 2019
Lugar: Monforte de Lemos (Lugo)
Organiza: Asociación Camiños a santiago pola Ribeira Sacra
Colaboran: Concello de Monforte de Lemos, USC e Xunta de Galicia.