A Xunta de Galicia recoñece ao Consello de Europa como Embaixador do Camiño de Santiago

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou do recoñecemento como Embaixador do Camiño ao Consello de Europa, unha figura que, tal e como recordou, foi creada en 2013 para distinguir o labor de persoas e institucións que contribuíran ao coñecemento e divulgación da ruta e dos seus valores.

No caso do Consello de Europa polo seu papel clave na difusión, promoción e coñecemento da Ruta Xacobea e dos valores asociados á mesma. De feito, dixo, a institución favoreceu o coñecemento e divulgación da ruta, foi o artífice da súa declaración como primeiro itinerario Cultural Europeo en 1987 e ademais promocionou os valores xacobeos como unha herdanza común europea.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará