A Xunta e Ecoembes colaboran no fomento da reciclaxe desde os albergues para contar cun Camiño seguro

A Xunta e Ecoembes promoverán un ano máis a reciclaxe nos albergues do Camiño, nunha nova edición da campaña Camiño da Reciclaxe, coa que se pretende que este Xacobeo 21-22 se converta no máis comprometido coa reciclaxe e co medio ambiente.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou na presentación desta iniciativa pioneira que se puxo en marcha en 2016, á que tamén asistiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez; o director de xestión local e autonómica de Ecoembes, Ángel Hervella; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

O proxecto chegará nesta edición a 174 ecoalbergues da comunidade, entre eles todos os da rede pública da Xunta nos Camiños Francés, Portugués, do Norte, Inglés, e tamén do Primitivo ao que se estende este ano a campaña. En total, participan no 400 albergues, xa que forman parte da iniciativa xunto con Galicia outras comunidades como Asturias, Castela e León, A Rioxa e Navarra.

Os 174 ecoalbergues galegos xa están equipados para fomentar a reciclaxe nas distintas rutas xacobeas con puntos de reciclaxe, así como kits con carteis didácticos, 71.600 bolsas reutilizables para entregar aos peregrinos evitar a basuraleza e Compostelas do Peregrino coas que acreditar aos camiñantes ecoperegrinos. Tamén se suman nesta edición 10 oficinas de turismo da comunidade, ás que se lle entregarán papeleiras para reciclar, carteis e un mapa cos establecementos adheridos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *