A Xunta lanza un cento de stikers e gifs para divulgar o Xacobeo e o Camiño nas redes sociais

A Xunta presentou os seus recursos para as redes sociais, un cento de gifs e stickers cos que os peregrinos poderán compartir as súas experiencias cunha linguaxe desesfadada e divertida, e entre os que destaca Cunchiña, a mascota do Xacobeo nas redes sociais.

Trátase dunha serie de imaxes dixitais coas que os peregrinos poderán describir as súas experiencias no Camiño ou nos albergues, compartir as súas vivencias e narrar a súas aventuras botando man destes recursos que xa están subidos a WhatsApp, Facebook, Instagram ou Telegram. Hai, por exemplo, 32 cunchiñas para cada estado de ánimo que os peregrinos sintan ao longo do seu percorrido.

A experiencia virtual do Camiño será un complemento da experiencia auténtica, cada día máis numerosa. De feito, hoxe chegou o peregrino número 25.000 no que vai de ano.

Ademais de nos buscadores, os camiñantes poderán obter estes recursos na seguinte ligazón:

https://www.caminodesantiago.gal/gl/descubre/comparte-o-camino-de-santiago-dende-o-teu-mobil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *