A Xunta pon en marcha do Plan de Catedrais que permitirá a mellora da conservación dos conxuntos catedralicios de Galicia

A Xunta de Galicia aprobou o Plan de catedrais de Galicia 2021-2027 que, dotado cun investimento de 38 millóns de euros, permitirá o desenvolvemento de actuacións para mellorar a conservación dos conxuntos catedralicios da Comunidade, co horizonte do Xacobeo 2027.

O proxecto inclúe intervencións en monumentos nas entornas do Camiño de Santiago. Concretamente, nas basílicas de Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui, así como na antiga catedral de San Martiño de Mondoñedo de Foz e nas concatedrais de San Xiao de Ferrol e de Santa María de Vigo. Así os grandes conxuntos relixiosos de Galicia quedan amparados por este plan cunha vixencia ata o 2027.

Nesta compilación inclúense tamén as intervencións pendentes de rematar na Catedral de Santiago, dotadas con 6 millóns de euros do Plan de Catedrais e que se están levando a cabo na actualidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *