Avanzan a bo ritmo as obras do novo albergue da Fonsagrada

Avanzan a bo ritmo as obras de rehabilitación que se están a realizar na Casa Pasarín, na Fonsagrada, para convertela en centro de atención e albergue de peregrinos.

A Casa Pasarín sitúase en plena zona vella da Fonsagrada, no propio Camiño Primitivo que conduce a Santiago de Compostela. Tamén coñecida como Pazo de Pena María, esta edificación forma parte do patrimonio cultural da vila e está composta por planta baixa, piso, e faiado.

Na actualidade a Rede Pública de Albergues ofrece, ao longo das rutas do Camiño de Santiago, 3.278 prazas de aloxamento repartidas nun total de setenta albergues, seis dos cales se atopan no Camiño Primitivo.

Albergue da Fonsagrada
Albergue da Fonsagrada

Guardar

Guardar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará