Exposición “De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos”

A Palloza de Quico do Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro) acolle ata o vindeiro 11 de setembro a mostra De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos, organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Satiago (APECSA) coa colaboración da Xunta a través do programa O Teu Xacobeo.

A exposición, é unha mostra didáctica e itinerante que recolle as dez cantigas, nove de amigo e unha de amor, desta importante figura da lírica medieval galegoportuguesa que, a dicir dalgúns investigadores, foi orixinario de Samos.

A mostra, financiada a través de O Teu Xacobeo, finaliza o seu percorrido no Cebreiro despois de ter recalado desde maio noutros oito concellos lucenses: Sarria, Láncara, Paradela, Triacastela, Samos, O Incio, O Courel e Portomarín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará