A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu hoxe na praza do Obradoiro ao baloncestista Aza Petrovic, quen vén de peregrinar polo Camiño Portugués dentro da iniciativa O Camiño remata en Obradoiro. O ex xogador croata e actual seleccionador de Brasil converteuse durante os últimos días nun peregrino máis percorrendo o segundo itinerario xacobeo máis transitado e polo que camiñaron máis de 18.000 persoas no que vai de ano, unha cifra un 20% superior ás mesmas datas de 2017. A iniciativa, impulsada polo Río Natura Monbus Obradoiro, súmase ao ano dedicado a este itinerario, incluído na planificación do Plan director do Camiño de Santiago da Xunta de Galicia, do que están en marcha máis da metade das accións.
Nava Castro recibe ao baloncestista Aza Petrovic á súa chegada a Santiago de Compostela tras peregrinar polo Camiño Portugués
