O Camiño de Santiago reforza a seguridade dos peregrinos durante Semana Santa cun novo dispositivo especial

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, asistiron en Pedrafita do Cebreiro á presentación do novo dispositivo especial de seguridade que porá en marcha o Goberno de España para reforzar a vixilancia do Camiño de Santiago durante esta Semana Santa.

O dispositivo estará composto por motoristas da agrupación da Garda Civil de Tráfico e do Seprona, así como por cabalos do Escuadrón de Cabalería e axentes da Garda Civil de Seguridade Cidadá. A través do Plan de Seguridade Xacobea 2018 reforzarase a presenza das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado intensificando os servizos de seguridade e atención cidadá en todos os itinerarios que compoñen o Camiño de Santiago en beneficio tanto das persoas que as recorren como dos bens do Patrimonio Histórico e Cultural.

Nos labores de seguridade participa activamente a Policía Autonómica que desprega patrullas nos camiños de Santiago na longo de todo ano, con especial atención ao Camiño Francés e que, se reforza considerablemente en anos xacobeos, nos que que incrementa a presenza de visitantes. O seu labor de vixilancia fará especial fincapé, en colaboración con Patrimonio, no control de negocios ilegais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará